jueves, 2 de abril de 2015

DATAS COMPARTIDAS.

Hoxe é un día de dobre celebración. Vaiamos por partes.
Imaxe obtida de Miss Selka.

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas decide designar o día 2 de abril como Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, alá polo ano 2007. Explicar en que consiste sen caer en tópicos, etiquetas e demais é difícil, pero  se o conta un pai cunha filla autista, a cousa cambia. Miguel Gallardo (debuxante) realiza esta preciosa curtametraxe "El viaje de María" contando a súa experiencia coa súa nena.

Desde fai 48 anos, O IBBY( Organización Internacional para o libro Xuvenil) promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil, para promocionar estes libros e a súa lectura entre os máis novos.
Este ano, o país elexido é Emiratos Árabes Unidos ño do cartel é da ilustradora Nasim Abaeian,e o texto,de
Marwa Obaid Rashid Al Aqroubi, destacada figura da literatura infantil no seu país. 
 Preme sobre o cartel para ter máis información e ver  a carta da escritora aos nenos/as do mundo.
Cartel 2015 en galego.

6 comentarios:

  1. Hola profe!!!
    Sabía que era o día mundial do autismo, pero non me acordaba de que era o dia do libro.
    Garciñas por recordarmo!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. De nada, Ana. É o Día Internacional do Libro Infantil, o Día do Libro aínda é o 23 de abril.
      Segue gozando das vacacións!!!

      Eliminar
    2. Uiiii!!! Que fallo!! Perdoa!!

      Eliminar
    3. Non pasa nada, Ana. Estamos aprendendo todos os días.

      Eliminar
  2. Respuestas
    1. De nada, Blanca.
      Felices vacaciones a ti también.

      Eliminar