domingo, 23 de marzo de 2014

ORQUESTRANDO VERSOS

O prometido é débeda!
Aquí está o vídeo que resume a nosa actuación para os Picariños de 3 anos no Día Mundial da Poesía. Interpretámoslles este fermoso poema de Antonio García Teijeiro, titulado "La orquesta", que atopamos no noso libro de Lengua Castellana.En un principio, pensamos en aprendelo de maneira voluntaria pero ao final decidimos intentalo todos/as. Quen dixo medo? A poesía está xenial pero ten a súa complicación. Creo que o resultado foi un estupendo lío orquestral. Podedes opinar.
Queremos darlle as grazas á profe Vane (aínda que se enfade) por realizar este vídeo tan xeitoso,aos Picariños por escoitarnos e recitarnos e tamén ás familias por axudarnos a  chegar ata aquí.
Como os Picariños tamén nos agasallaron co seu bo facer, se temos ocasión, ofrecerémosvos a actuación.

4 comentarios:

  1. Fíxemonos un lio de carainas.Sabela

    ResponderEliminar
  2. Estivo xenial!!!! Os Picariños e a profe quedamos encantados con ese lío orquestral.

    ResponderEliminar
  3. Bueno, Sabe, un pouquiño; pero así quedou máis crible o poema.

    ResponderEliminar
  4. Grazas, profe e Picariños para nós foi un pracer recitarvos e escoitarvos.
















































































































































    ResponderEliminar