domingo, 24 de xuño de 2012

NOVOS XOGOS

Ola de novo!!!
Avísovos de que temos novos xogos  no noso blogue alternativo.
Esta vez son de Lengua.
Espero que vos gusten.

xoves, 14 de xuño de 2012

A SERPE LOLA.

Xa non queda nada; a fin de curso está aí.
Como andamos todos tan liados, que vos parece se vos deixo un regaliño que fixemos en 1º?
Así lembrades o ben que traballamos e mentres acabamos e non, tómome un respiro ata que poida poñervos máis cousiñas, vale?
Xa sabía eu que me iades entender.
Disfrutádeo!!!

Preme no libro

domingo, 10 de xuño de 2012

NOVO BLOGUE

Como xa temos gañadora do concurso  xa podemos utilizar o  seu debuxo como entrada do novo blogue: "Os nosos Xogos".Aquí atoparedes deliciosos pasatempos para as horas de lecer.
Pero lembrade... hai tempo para todo: para  axudar na casa, para facer os deberes, para desfrutar do aire libre,para visitar ao que está solo..... e tamén para xogar no blogue da profe!

GALANO

O pasado 5 de xuño, o blog Os Pícaros de Vane, o blog da persoa grazas a cal este blog existe, deixounos un bonito agasallo, en forma de premio. A comunicación apareceu (como mandan as “normas”) nos comentarios da entrada que estaba de primeira naquel momento no blog, incluíndo un enlace á entrada publicada por eles na que escollían os seus blogs gañadores. As intruccións son as seguintes:
•Copiar e pegar o premio no blog enlazándoo co blogger que cho otorgou.
• Premiar os teus cinco blogs favoritos coa condición de que teñan menos de douscentos seguidores e deixarlles un comentario nas súas entradas para notificarlles que gañaron o premio.
•Confiar en que continúen a cadea premiando a sua vez os seus cinco blogs preferidos.
Os nosos galardoados son:
-Primer ciclo de Primaria (do CPI Don Aurelio de Cuntis)
-Aventuras de Primaria (do CEP Santa Mariña de Redondela)
-Blog de 1º ( do CEIP Inocencio Sosa Sánchez)

Agardamos que vos entusiasme tanto como a nós e esperamos que escollades aos próximos cinco blogues agasallados.
Noraboa a todos!

sábado, 2 de xuño de 2012

TEMOS GAÑADORA!!!

Despois dunha ardua deliberación o xurado do concurso de debuxos chegou a proclamación do 1º premio. Tiveron en conta a presentación, a orixinalidade e a relación coa temática proposta: os xogos.
E a gañadora é......Sofía Rey.
Parabéns e moitas grazas a todos os participantes!!!!

venres, 1 de xuño de 2012

CONCURSO

Como o prometido é débeda, aquí tendes os debuxos participantes no concurso.Son todos xeniais. En breve, o gañador ou gañadora.