PDI: OS LABREGOS

(Recompilación  das entradas feitas no blogue sobre este PDI)
Este curso 2012-2013 desde a Biblioteca Escolar propúxosenos traballar Os Oficios Tradicionais Galegos e na clase de 3º escollemos o de LABREGOS. Escoller, escoller tampouco é exacto, a profe foi a que decidiu o tema ;pero coñecendo como coñezo aos meus nenos, sei que lles vai entusiasmar.
Tendo en conta que todo traballo ennobrece non creo que exista oficio máis antigo e máis digno que a profesión daqueles que manchan as súas mans na terra para manter aos seus, para levantar un país. Diso os galegos sabemos moito e os labregos máis.
Poñemos en marcha o proxecto de aula. Se queres enterarte de que vai non perdas tempo e...súbete ao carro!!!
1. DETECTIVES DO AGRO.
Esta actividade consiste en buscar información coas familias ( en calquera tipo de soporte) sobre o noso tema.
2.CADA PROBA NO SEU LUGAR.
Agora debemos clasificar a información obtida para organizar os datos.
3.FACÉMONOS VISIBLES NO COLE!!!
Elaboramos este carteliño para que todos os que pasen por diante da cortiza saiban que traballaremos na nosa aula de 3º este curso.
4.EN BUSCA DAS ORIXES.
Antes de nada imos afondar un pouco na orixe do tema que nos ocupa. Cando xurde a agricultura? Cales foron os primeiros cultivos? A ver se con este vídeo e posteriores preguntiñas chegamos a  algunhas  conclusións.

5.VIAXAMOS PARA APRENDER.
O mércores,20 de febreiro,realizamos unha saída a Santiago os cursos de 3º, 4º,5º e 6º de Primaria. Como o noso Proxecto Documental Integrado vai sobre os oficios tradicionais galegos a primeira visita realizámola ao Museo do Pobo Galego, onde hai material diverso sobre os oficios.Os de 3º fixemos un xogo de pistas por todo o museo cos nenos de 4º.
6. A VOZ DA EXPERIENCIA.  
O mércores 6 de marzo, na clase de 3º do CEIP Nosa Señora das Dores, vivimos una tarde moi especial. Non tivemos unha mestra ,coma todos os días , senón seis estupendas avoas que viñeron a contarnos como era a vida dos labregos fai anos. Isto  foi grazas a que no cole , o proxecto Documental Integrado que estamos levando a cabo é sobre os oficios tradicionais galegos e, a clase de 3º, escollemos os labregos e labregas. Agradecémoslle as nosas avoas que deixasen as súas tarefas diarias para  facernos pasar unha divertida tarde chea de sabedoría,risas e....unha saborosa rosca!!!(Obsequio do cole para todos)
       
UN MILLÓN DE GRAZAS,AVOAS!!!
Tamén temos que agradecerlle ás reporteiras gráficas ( ou dicharacheiras) a súa labor: Grazas Marta e Vane, para a próxima estades invitadas.
7.REMEXENDO NA TERRA.
Necesito axuda urxente para o noso traballo dos labregos. Podedes botarme unha man?
Teño unha presentación con fotos de diversos apeiros que utilizaban e utilizan os labregos pero non teño moi claro como se chaman e para que serven. Debedes de observar  cada foto cun adulto que vos poida axudar e escribir nun folio (numerando as fotografías) o nome do que vedes e para que serve(breve explicación).
Teredes que entregalo, como moi tarde, o venres 5 de abril .
Moitas grazas pola vosa colaboración.
8.QUE APRENDEMOS?
Coas información obtidas decidimos realizar un mural explicativo sobre como era a vida dos labregos antes e como é agora. Neste senso temos moito que agradecerlle ás avoas, xa que foi a maior fonte de datos para o noso traballo.
9.APEIROS A EXPOSICIÓN.
Como xa aprendemos os nomes de moitas ferramentas do campo encargámoslle a un artesán de confianza  a elaboración dunhas miniaturas. Despois montamos en clase esta exposición.
10. O MEU CARRO CANTA.
Xa que tiñamos en clase unha exposición completiña, con carro incluído, decidimos aprender as súas partes.

11.SABEDORÍA POPULAR.
Outra cousiña que quixemos facer foi unha compilación de refráns sobre o campo. Este foi o resultado.

12.COS NERVIOS A FLOR DE PEL.
Resultou imposible non poñerse un pouco nerviosos á hora de contarlles aos nosos compañeiros de cole algunhas das cousas que aprendimos este curso sobre os labregos. O Proxecto Documental Integrado, que nos propuxo este ano a Biblioteca Escolar arredor dos oficios, chegou a mediados de maio ao seu punto álxido coa exposición do aprendido. O mércores 15 tocounos a nós e foi unha experiencia  interesante. Deixovos aquí unha montaxe sobre o acontecido, non sen antes agradecerelle  á profe Vane e a profe María que sacasen instantáneas do momento; porque a profe de 3º non estaba para eses trotes nese momento.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free slideshow generated with Smilebox
13.ARTESANÍA DE GALICIA.
Hoxe foi un día moi artesán no  cole. Dentro do noso Proxecto Documental Integrado  tivemos unha xornada de obradoiros sobre tres oficios tradicionais galegos.  O zoqueiro Alberto Geada
 sorpendeunos coa súa maxistral feitura de zocas e explicounos moitas cousas arredor do seu oficio.
O señor Gustavo, o cesteiro, e o seu axudante, Manuel, ensináronnos como facer un cesto. E.... xa se sabe , o que fai un cesto fai un  cento!!!
Para rematar ben a tarde estivemos no obradoiro de José Villar que nos dixou facer pulseiras de coiro.
MOITAS GRAZAS A TODOS POLA SÚA SABEDORÍA E BO FACER!!!

14.EXPOSICIÓN.
Este pasado luns foi un día especial no cole. O Proxecto Documental Integrado(PDI) chegaba ao seu remate coa exposición e mostra ás familias dos traballos realizados. Os nenos/as de 3º, reinvindicamos o contacto humano,e por iso, fixemos una presentación-resumo ,en vivo e en directo, do aprendido durante o curso. Tamén vimos os vídeos dos nosos compañeiros e ,ao final, disfrutamos coas nosas familias da mostra exposta sobre os oficios.
15.ADIVIÑANDO.
Agora, ao final de curso, acumúlase o choio!!!Mentres me poño ao día.....por que non xogar a adiviñar de  que ferramenta se trata?
Adiante !!! Creamos estes acertixos para que vos divirtades xogando.
Que estades a esperar?


16.RESUMO DO PROXECTO.
E para rematar e que dar cun bo sabor de boca, esta presentación.


2 comentarios:

  1. Estos niños tienen mucha suerte.
    Gracias por compartir.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Fue un proyecto precioso; sin duda, una gran experiencia.

      Eliminar