OUTONO 2015

Este ano animeime a compartirvos uns recursos sobre o outono. Espero que vos sirvan  e lle saquedes moito proveito.
-No blogue da Biblioteca do CEIP Outeiro das Penas (Cesantes) aparece unha extensa compilación de materiais sobre esta estación.
-No blogue da nosa amiga Ana Martínez, Aula Tic, sempre atopamos cousas marabillosas e como non, recursos moi interesantes.
- No blogue Orientación Andújar teñen unha compilación de fichas do outono para traballar os opostos.
-En Imágenes educativas tamén nos ofrecen un caderniño para colorear sobre a estación.
-Dentro da serie "Las cuatro estaciones" temos unha aplicación do outono que atopei no blogue Recursos educativos de Educación Infantil, de Antonio López.
-Unha estupenda selección de contos que nos ofrece Carmen Parets en Catacricatracrac.
- E para rematar, un precioso conto outonal con banda sonora de Vivaldi. Atopeino en Musicaeduca .Alí tamén aparecen fichas para traballar a historia.
FELIZ OUTONO!!!

2 comentarios: