domingo, 31 de xaneiro de 2016

ENTROIDO 2016.

Imaxe obtida na web do CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro.

Este ano tamén aparecen no blogue algúns recursos para festexar este tempo de Entroido.Desexo que vos resulten de utilidade.
BO ENTROIDO!!!!

sábado, 30 de xaneiro de 2016

HORA DE LER (IV).

Retomamos a nosa sección da Hora de ler,que non decansa, pero que non se publica a tempo real. O importante é levala a cabo e que todos/as gocemos con ela.
Hoxe a prota é Aitana que nos sorprendeu xun precioso libro titulado "¡Bravo, Teo!" da Editorial SM.
Esta aventura, dun simpático rato, está contada en tres dimensións, o que fai que o conto sexa do máis atractivo.  Xulgade por vós mesmos!!!
Montaxes realizadas con PiZap.
Ofrézovos a continuación unha aventura doutro Teo , que quizais tamén coñezades.
Obtido no canal Youtube TEO

martes, 26 de xaneiro de 2016

EDUCACIÓN AMBIENTAL.

Imaxe atopada na rede.

Desde o ano 1975 vense celebrando, o 26 de xaneiro, o Día Mundial da Educación Ambiental. Sempre é un bo momento para pensar no Planeta e no que podemos facer por el e ir concienciando aos peques de que debemos coidalo e respectalo.
No blogue do amigo Antonio López, Juegos Educativos Online Gratis, atopei a Caillou  reciclando. Apetécevos xogar con el?
Eu engado un xogo de memoria, vale? 
A xogar!!!!

sábado, 23 de xaneiro de 2016

RECURSOS PARA A PAZ.

Montaxe creada con Pizap e imaxes da rede.

Achégase un día importante de celebración en todos os centros e, aínda que traballamos arreo para que poidamos convivir en harmonía diariamente, a finais do mes de xaneiro festexaremos a Paz.
Deixovos unha compilación de recursos de blogues amigos, que espero vos sexa de utilidade. Premede na imaxe.

mércores, 20 de xaneiro de 2016

RUBÉN DARÍO.

Imaxe atopada na rede.

Antonte , o mundo celebraba o 149 aniversario do nacemento de Rubén Darío (1867-1916) poeta, xornalista e diplomático nicaraguano. O coñecido como o Príncipe das letras castelás deixounos unha gran cantidade de  textos en prosa e verso con diversas temáticas.
Xa sabedes o que me gusta a min saírme das datas porque, se a poesía é universal, que importa o día que a gocemos?
Por iso vos traio hoxe, esta versión do poema de Darío, A Margarita Debayle, que o autor escribiu en 1908 e que atopei en Docentes para el fomento de la lectura. Se clicades sobre o título da poesía accederedes ao texto.
Youtube (Canal de Leo Román)

luns, 18 de xaneiro de 2016

RECURSOS DE INVERNO.

Nesta ocasión preséntovos os recursos do inverno compilados nun taboleiro Pinterest. Podedes atopar un pouqiño de todo: fichas, mandalas, manualidades, poesías, decoración de portas, algunha receita....Só tendes que clicar na imaxe e acceder.
Deixovos tamén un par de xogos para ir abrindo boca:
- Un para vestir ao boneco de neve.
     Xogo atopado na rede.
-E un crebacabezas de Dora e o seu amigo Botas na neve.
Xogo atopado en MiPuzzle.com

Recordade que poderedes atopar estes recursos tamén na etiqueta  da barra lateral dereita  "Recursos Catro estacións".

venres, 15 de xaneiro de 2016

DIGALEGO.

Preme na foto para acceder.

O pasado luns, día 11 de xaneiro, presentouse DIGALEGO, o novo dicionario en liña na nosa lingua con máis de 65.000 entradas. Según o Secretario Xeral  de Política Lingüística, Valentín García Gómez , a  iniciativa materializouse grazas ao acordo acadado entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a editorial Ir Indo, que fixo posible que esta obra, á que a coñecida editorial lle dedicou máis de 20 anos de traballo e investigación, pase a ser propiedade da Administración autonómica.
Aparte de todos os vocablos que contén poderedes conxugar os verbos e tamén consultar todas esas palabriñas que utilizamos pero que non son correctas (castelanismos, vulgarismos, estranxeirismos....)
Como me parece moi útil, deixaréivolo na columna lateral dereita onde aparecen as Páxinas para saber máis.
Espero lle saquedes moito partido!!!

martes, 12 de xaneiro de 2016

PREMIO BOR LITARCIHIS BLOGGER.

Premio recibido do blogue : http://escueladeblanca.blogspot.com.es/2016/01/premio-bor-litarcihis-blogger.html

Comezamos o ano da mellor maneira posible!!!!Recollendo con toda a ilusión , un premio que nos concede Blanca Lafarga, do blogue  Escuela infantil castillo de Blanca. Supoño que xa coñecedes o blogue pero, se non é así, debedes pasarvos porque sempre ten cousiñas ben interesantes. Grazas, Blanca, por pensar que este blogue é merecedor de dito premio.

SIGNIFICADO DO PREMIO.
BOR: Blog ORixinal
Litarcihis: Acrónimo da mención aos blogues sobre:
-Literatura (libros,poesías,relatos e todo tipo de escritura fantástica, terror, ciencia ficción...)
-Arte (pintura,escultura, música, arquitectura, decoración, cociña, cine, teatro,...)
-Ciencia (bioloxía, natureza, arqueolxía,ecoloxía, física, matemáticas, astroloxía, botánica)
-Historia(todos aqueles que falan do noso pasado e recordan con fotos e escritos o que a memoria esquece)
Bloggers: un premio concedido non só ao blogue senon tamén ao creador que o curra e o maquea dándolle presenza estética e realce para que quede bonito a simple vista ademáis de levalo con contido aditivo.

NORMAS:
-Agradecer ao autor e ao blogue que cho concede.
-Publicar o premio nun lugar visible do teu blogue.
-Nominar varios blogues (un máximo de 10).

domingo, 10 de xaneiro de 2016

FILOSOFANDO.

Este ano concedéronme , por vez primeira, un curso on line de PLATEGA (Plataforma  de Teleformación de Galicia).PLATEGA é unha forma de educación xurdida co desenvolvemento das tecnoloxías da información e da comunicación. O seu fundamento é aproveitar a facilidade de distribución de materiais formativos e as ferramentas de comunicación das redes informáticas para crear un contorno de ensino e aprendizaxe. Deste xeito, e mediante unha conexión á rede Internet, os usuarios poden realizar actividades interactivas, acceder aos materiais precisos para adquirir o coñecemento, recibir axuda, realizar comunicacións ou avaliar o seu progreso.
 E a que ven todo este rollo? Pois ven a que, unha vez rematado Métodos innovadores na xestión da aula de primaria, gustaríame mostrarvos unha das prácticas que levei a cabo durante o curso: unha sesión de filosofía na aula arredor dunha pintura. A sesión centrámola nun lenzo de Tarsila do Amaral titulado "O pescador", que lles presentei en branco e negro.
Imaxe obtida no Baú da Tia Sonia
Aquí vos deixo a transcrición da sesión, da avaliación figuro-analóxica e dunhas actividades que xurdiron posteriormente: colorear o cadro xustificando as cores escollidas e darlle un novo título.
Grazas as miñas titoras, Mar Santiago Arca e Ana González Vidal, por todo o que me ensinaron neste curso e tamén, a quen sempre recurro cando estou atafegada.Miña pobre, sempre é a mesma!!!!

venres, 8 de xaneiro de 2016

COUSIÑAS DUN TRIMESTRE.

E antes de comezar o segundo trimestre con  moitas gañas e ilusión, imos rememorar algunha das actividades que fiexemos no pasado.Lembrádesvos?

xoves, 7 de xaneiro de 2016

CORREO NAVIDEÑO.

Montaxe realizada con PiZap.
Este ano teño que repetir agradecemento a todas e todos aqueles que vos lembrastes de min  e da miña familia nestas datas tan entrañables.Non por contar con determinadas cousas se agradecen menos e cando as sorpresas son gratas, a felicidade é maior. Na montaxe podedes ver o correo postal (que me entusiasma!!!)pero agradezo igualmente todas as mostras de cariño a través de calquera medio de comunicación.
SODES TODOS/AS UN ENCANTO!!!!

(Por certo, a fada Perella tamén tivo correo; podo asegurarvos que estará saltando nunha perna soa!!!)

mércores, 6 de xaneiro de 2016

DÍA DE REIS.

Imaxe obtida na rede.
Hoxe , día dos Reis Magos de Oriente, ofrézovos esta interesante historia que nos relata a existencia dun cuarto rei  chamado Artabán. A ver que vos parece!!!
Obtido en Youtube (Jesús Chacón Chaparro)
E para animar este momento festivo que mellor que escoitar unha linda canción sobre os Magos. Como non atopei nada en galego, aquí vos deixo unha en portugués, que é ben bonita e así imos coñecendo o folclore doutros lugares.
Obtido en Youtube (Cristiana Silva)
FELIZ DÍA DE REIS!!!

luns, 4 de xaneiro de 2016

FESTIVAL .

Outra cousa importante que nos pasou en decembro foi o festival.Na nosa clase houbo moitas actuacións: Cris, foi a estrela da obra que fixeron os nenos/as de 5º e Alba e Candela, asistiron a unha voda moi especial que celebraron os alumnos/as de 5 anos. Para rematar, todo primaria cantou unha panxoliña pero.... a actuación estelar foi.... "Navidad Twist"(Non o digo porque fose  a mellor, todas estiveron xenial,senon porque nós falamos do noso).
Montaxe realizada con PiZap.
Grazas ao profe Julio por estas fotos tan chulis.

E agora  a actuación!!!

sábado, 2 de xaneiro de 2016

VISITA SORPRESA E OBRADOIRO NAVIDEÑO.

Na  última semana de clase pasaron unha morea de cousas interesantes. Neste post contareivos dúas delas. A primeira foi a visita sorpresa de Papá Noel. Ben é certo que suele pasarse todos os anos pero ata o último momento non sabemos se vai ter tempo para facelo. Apareceu pola porta moi alegre e preguntando se nos portaramos. Como así foi, houbo un pequeno agasallo.
Montaxe realizada con piZap.

Para rematar o trimestre con bo sabor de boca pensamos en realizar un obradoiro de Nadal, que tivese que ver coa comida. Para non complicarnos moito optamos polo pan de molde e ingredientes que lle foran ben. Despois utilizamos formas navideñas(que nos prestou a profe Vane) e degustamos no recreo as nosas creacións.
Ollade, ollade como traballamos!!!!
Pero despois do traballo ben feito, hai unha boa recompensa.
Montaxes realizadas con BeFunky.

venres, 1 de xaneiro de 2016

BENVIDO,2016!!!


Para que o novo ano sexa estupendo e fagades realidade todos os  vosos soños non esquezades desexalo con moita forza e poñer da vosa parte para que se cumpran.
FELIZ NOVO ANO!!!