lunes, 20 de junio de 2016

ABRIMOS OS RECORDOS.


Chegou o día de abrir a Cápsula do Tempo. Aquela caixa que enterramos polo ano 2012 e contiña unha morea de recordos e sentimentos infantís. Aquel mausoleo dourado que tantas cartas albergou para a Fada Perella e tantas alegrías nos proporcionou, sobre todo no Nadal,tiña que ser invadido para poder lograr o obxectivo.
Xuntámonos na aula de 1º todos aqueles que pertencemos a esa historia e aínda estamos no cole, e procedemos á extracción.
Montaxe realizada con BeFunky.

Vaia sorpresa que nos levamos!!!!  O noso xoguetón pothos decidira colar as súas raíces na cápsula e facer estragos. Si, amigos, que lástima!!!Pero lonxe de deixarnos abater polo infortunio decidimos buscarlle unha solución a tamaña continxencia. Xuntos optamos por reducir a cinzas os recordos daquel curso e enterralas nunha nova posibilidade.
Que orgullosa me sinto destes meus nenos/as que xa son os mozos doutros!!!

Que o catártico lume que arde nesta aixada purifique a memoria e os recordos!!!
Paréceme esta unha entrada axeitada para que cumprades co prometido fai anos e tamén os nenos/as de 5º están invitados a contar o que queiran.

14 comentarios:

  1. Hola profe Anabel son Marcos e este ano botámoste moito de menos.😉📔📙📘📗📖📕📓.Feliz verano!!!🌞🌞🌅⛅♨♨

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola, Marcos:
      Agora solo tes que pensar no estupendo verán que vas a pasar.(Pero as túas palabras emociónanme)
      Feliz verán!!!!

      Eliminar
  2. Hola profe!!
    Espero que pases un verán estupendo!(Bueno, que todos pasemos un verán estupendo).
    A min este curso pasoume voando!E a ti?
    P.D.: Dille á Fada Perella que a principio do curso que ven tereille unha sorpresa...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola, Ana: Poia amin tamén se me foi o curso pitando. Agora a pasalo ben e a desfrutar.
      Xa aviso eu á Fada Perella, pero despois tes que cumprir, eh?
      Feliz verán!!!

      Eliminar
    2. Claro que o cumplirei!!
      Feliz Verán a ti tamén!

      Eliminar
    3. Tomámosche a palabra, Ana!!!!
      Bo verán!!!

      Eliminar
  3. hola profe son Verónica,boteite de menos este ano,pero ainda así paseimo moi ben,e............................
    DESEXOCHE UNHAS BOAS VACACIONS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Vero: Alégrome de que fose un bo ano para ti.
      Eu tamén espero que disfrutes moito do verán!!!

      Eliminar
  4. Hola profe son Uxía!!!!
    Este curso boteite mooito de menos (aínda que o pasei xenial).
    Espero que o pases moi moi ben nestas vacacións que todos deseabamos que chegaran para descansar un pouquiño tras o largo curso que atravesamos .
    Un bico e unha aperta moi fortes,e que o pases moi ben profe profe.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Uxía: Eu tamén estiven moi a gusto este ano cos meus nenos/s pero sempre se bota de menos aos alumnos/as anteriores.
      Espero que todos disfrutemos das vacacións que temos por diante; moi merecidas( en case todos os casos).
      Moitos biquiños e bo verán!!!

      Eliminar
  5. Hola profe Anabel!!
    Sinto moitísimo a tardanza; pero facía moito tempo que non collía o ordenador xa que estas vacacións son moi pero que moi entretidas. Hai que aproveitar ben cada momento deste descansiño porque aséguroche que cando estemos no insti o imos a botar todos moito de menos !!!
    Ao fin e ao cabo, un contrato é un contrato, e non se pode incumplir.
    Eu tamén te botei moito de menos (como todos os demáis); pero fixemos moitas cousiñas divertidas todos xuntos xa que (inda que pase o tempo), a profe Anabel segue tendo as mesmas boas ideas de sempre. ;)
    Como non, sigo recordando aqueles maravillosos catro anos que pasamos xuntos; sobre todo ao abrir a cápsula do tempo e ver ese "gracioso" vídeo no que aparecíamos todos gardadando un obxecto súper especial para nós, observar como eramos de pequenos e como nos comportábamos daquela foi sen duda inolvidable.
    En fin, para rematar, quero desexárche un fantástico verán a ti e máis a toda a túa familia e recordárche que recarges moi ben as pilas para empezar segundo con moitas forzas xunto cos teus estudosos alumnos !! Quérote Anabel!!!
    Moitos biquiños e a desfrutar deste merecidísimo descanso.

    Diana.



    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Querida Diana:
      Neste tempo que levo deambulando pola vida aprendín (xa que diso se trata) que cada cousa ten o seu tempo e que hai que aproveitar cada momento. Así é que non pasa nada porque tardaras un pouco en comentar, tes moito que vivir, o que realmente me importa é que te lembraras e ocuparas unha parte do teu tempo en recordar e escribir.
      Foi un tempo marabilloso do que me encanta falar.
      Espero que goces do verán a tope, que aprendas, que viaxes , que descanses, leas e bailes. Vive intensamente e se moi feliz!!!!
      Moitos biquiños, guapa!!!
      Recorda que a páxina de Facebook “Alumnos/as da profe Anabel” xa está creada(para cando teñas o teu perfil).

      Eliminar