mércores, 29 de xaneiro de 2014

PUNTOS SOBRE A PAZ

Aquí chegan os novos puntos con motivo do día da Paz. Como xa sabedes Nelson Mandela deixounos o 5 de decembro de 2013 aos 95 anos. Foi un gran "traballador pola Paz" e querendo facerlle unha homenaxe, baseo os puntos na súa biografía.
Seguide as seguintes instruccións e...5 puntos serán vosos!!!
. Vede o vídeo  titulado "Mandela, capitán de almas" as veces que o necesitedes.
.Contestade ás preguntas do cuestionario que aparece debaixo. (Marcade a opción correcta de cada tres respostas).
 Pulsade, ao finalizar o test, o botón "See how you did"(Ver como o fixeche).(Así saberedes o resultado que obtivestes, se acertastes todo ou tivestes algún falliño).
. Cubride os campos que aparecen  debaixo:
               My Name:(poñede o voso nome)
               Teacher Code: escribide Anabel4
. Por último,  pulsade o botón  "Send"  (Enviar) e os vosos  resultados chegaran a min.
Quedou claro? Espero que si. Tendes de prazo ata o venres, 7 de febreiro .


luns, 27 de xaneiro de 2014

ACHÉGASE O DÍA DA PAZ

Como o Día Escolar da non Violencia e a Paz está ao caer  deixovos recursos sobre o tema para parar un tren. Para nenos/as, para adultos, para profes; para todos.
Espero que vos sexan de utilidade!!!
(Premede na imaxe para acceder)


domingo, 26 de xaneiro de 2014

CONVERSAS CON MARTA

Como xa sabedes, decembro foi un mes gris. Quizá non na metereoloxía que nos acompañou nos primeiros días, uns  días con raiolas de sol, luminoso e intenso; pero fríos, propios da preparación para o inverno. Foi escuro nos acontecementos e nos feitos, algúns inexplicables, que a vida se empeñou en regalarnos , aínda sin nós querelo. O cole quedou máis baleiro e un pouco triste pero coa firme convicción de que tivemos a sorte de coñecer e compartir con dúas persoas estupendas.
Un marabilloso ser que pasou irradiando felicidade co seu sorriso e que se foi sen facer ruido; o que penso e sinto gardoo para min, non me corresponde falar.
E despois Marta : para un roto, para un descosido, para unha ferida , para un apuro....Sempre Marta.
Como a botamos moito de menos e non queremos perder o contacto imos habilitar  este pequeno espazo para conversar con ela. Aquí poderedes deixar os vosos comentarios para que ela vos conteste e así seguir comunicándonos.
Que vos parece a idea? Espero que vos guste.

(Deixareivos a foto no lateral e premendo nela accederedes)

sábado, 25 de xaneiro de 2014

DEPORTE ESCOLAR

 O venres 24 de xaneiro inauguramos , como cada ano, o Deporte Escolar no circuito da Madalena en Soutelo de Montes. Alí estaban os coles da zona para competir no cross e despois de tanto esforzo repoñerse cun chocolatiño quente e un croissant. Asistiu a choiva, que é un clásico nesta cita, non fora ser que a botaramos de menos.Non gañamos ningún de clase pero non tiramos a toalla; iso foi o máis importante.O mellor foi cando nos visitaron os Picariños e a profe Vane para desexarnos sorte.

Grazas chicos, pasámolo en grande!!!

venres, 24 de xaneiro de 2014

QUE LONXE QUEDA O NADAL!!!

Parece que o Nadal queda un pouco lonxe , non si? Achegámolo un chisco con estas crónicas sobre o período vacacional.

xoves, 23 de xaneiro de 2014

MOCHILA VIAXEIRA

Como cada ano, a Mochila Viaxeira, comeza a súa anadaina na clase de 4º chegada desde a Biblioteca.Este curso imos tela na casa unha semana , de martes a martes. É por iso que non vai demasiado cargada: unha revista, un cómic de Marcopola, un libro en inglés,un de poesía con CD dos poemas musicados e un libro sobre cadros e historias.Tamén leva un caderno viaxeiro para poder plasmar as nosas impresións sobre o material.
 Esperamos gozala moito!!!


mércores, 22 de xaneiro de 2014

PROPOSICIÓN DE PERELLA.

Despois das vacacións , Perella volveu a dar sinais de vida para propoñernos traballar en grupo. Temos un proxecto entre mans ( do que vos falaremos máis adiante ser se materializa) e decidiu axudarnos facendo os grupos por nos.
Este foi o resultado:
A ver que sae !!!

domingo, 19 de xaneiro de 2014

FORNADA DE PUNTOS.

Aquí chegan uns novos puntiños, que como xa mencionei, se referirán a efemérides acontecidas no mes de decembro.
Aí vos van:
-Que se conmemora o día 3 de decembro?
-En que ano se proclamou esta data?
-Definición de persoa con discapacidade.

-O 10 de decembro celebramos outro día importante, cal?
-En que ano se aprobou a Declaración Universal pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas?
-Que di o Artigo 1 da mencionada Declaración? Cópiao e despois explícao coas túas palabras.

As preguntas son fáciles, pero esta vez temos que pensar un pouco. A data límite de recollida será o luns 27 de xaneiro.
"O que algo quere , algo lle custa."

venres, 17 de xaneiro de 2014

CALENDARIO MONSTRUOSO

Encántame compartir con todos vós recursos, materiais, os traballos que fan os nenos/as.... pero  ás veces, o tempo é limitado e non podemos chegar a todo. Algo que facilita moito a tarefa son os traballos que relizan outros mestres e que comparten cos demais desinteresadamente. Neste caso foi a profe Miren , do blogue:
http://laclasedemiren.blogspot.com.es/ a que colgou un precioso calendario terrorífico que atopara , á súa vez, noutro blogue. Deixovos o enlace da entrada para que  teñades todos os datos deste calendario que vai adicado ás familias .
http://laclasedemiren.blogspot.com.es/2014/01/calendario-monstruoso-del-2014.html
 Neste momento que temos tanto que facer e tan pouco tempo para relacionarnos, ofrécesenos unha opción para COMPARTIR EN FAMILIA.
Gozade do tempo que tendes libre cos vosos!!!

 
Calendario competencias basicas ceapa 2014 from Alfonso Cortes Alegre
(Calendario en PDF)
GRAZAS A TODOS/AS QUE COMPARTIDES DESINTERESADAMENTE!!!

mércores, 15 de xaneiro de 2014

NOVA MISIVA

A principios de decembro recibimos carta dos nosos amigos do cole de Pérez Viondi, na Estrada. Enviáronnos un xogo moi divertido para que lles puxeramos cara. Pasámolo moi ben pero non sabemos se acertamos. Enviámoslle unha postal de Nadal coas respostas e agora toca agardar. De todas maneiras, cando voltamos das vacacións tiñamos unha postal sorpresa que nos enviaran.
Quedoulles preciosa. Mirade, mirade!!!

martes, 14 de xaneiro de 2014

FÁBULAS EN GALEGO.


Buscando, buscando....mirade o que atopei!!!Unha preciosa adaptación ao galego da fábula "O corvo e a raposa".É unha produción de Adarme Visual, dirixida por David Hernández e Dani Boullosa.


Tamén me "tropecei" con esta bonita presentación da  fábula "O paxariño preguiceiro"  de Ana Martínez Rey.
Xa me diredes que tal!!!

domingo, 12 de xaneiro de 2014

AGASALLO

Antes do Nadal os nenos e nenas de 1º xunto coa súa mestra Mª José agasalláronnos cunha maceta misteriosa a cal tiñamos que regar.  Tamén nos regalaron un bulbo, que deixamos en auga e non tiña raíz. Fixádevos o que pasou cando voltamos da vacacións.
GRACIÑAS!!!

sábado, 11 de xaneiro de 2014

FABULANDO

Xa falamos na clase de como facer a unha fábula .quero deixarvos unha axudiña para o noso  proxecto .
Espero que vos sexa útil!!!

Deixoo tamén en castelán  por se lle interesase a alguén.

xoves, 9 de xaneiro de 2014

EXPERIMENTOS!!!

Xa estamos de volta!!!
Antes de empezar co  2º Trimestre deixovos constancia de cousiñas que   probamos no trimestre anterior.

luns, 6 de xaneiro de 2014

DÍA DE REIS.

Para gozar desta  tarde de Reis en familia deixovos esta preciosa curta de Pixar titulada "Pobre cegoña"

(Xa sei que sodes maiores, pero disfrutade coma nenos/as)

domingo, 5 de xaneiro de 2014

RELATOS DE MEDO.

Xa sei que esta é a noite máis máxica do ano pero.... o meu agasallo ten que ver co terror. Fixestes uns contos terroríficos e non quixera privar a ninguén da súa lectura.

Gozade da lectura!!! (O tempo está máis para iso que para cabalgatas. De seguro que podedes facelo todo.)

sábado, 4 de xaneiro de 2014

VESTIXIOS DO PASADO.

Lembrádesvos do noso Proxecto Documental Integrado do ano pasado? 
Ah, menos mal, xa pensei que  o termpo fixera estragos en vós. Pois ben, quero deixarvos aquí un resumo-recordatorio de todo o que fixemos. Tomádeo con humor , porque así o fixo a profe
Espero que vos guste.
(Un  pequeno anticipo de Reis).

venres, 3 de xaneiro de 2014

NADAL RIMA CON...


Seguindo coa nosa tradición "rimadora" aquí vos deixamos uns poemiñas  alusivos a estas datas.
Que vostedes o rimen ben!!!